Exposición de fotografía "sen nome"

"sen nome", de Andrés Baltar

Curador y editor: Carlos Puga
Dirige la galería: Eugenia Gómez

Ajustes e impresión: copias de autor (Alejandro Novoa)

Galería O Garaxe_o faiado, avd Malecón 46, Ribeira.
Sábado 26 de mayo


SEN NOME

Noite silenciosa; entre os edificios da cidade o vento murmura unha canción violenta. 

Portas e ventás pechadas, narcóticos para a dor e a loucura, feridas agochadas. Adormécese a mirada, o corpo convértese nunha ilusión. 
A fugaz beleza dos golpes será a recompensa. Só o esquivo amor dos que non teñen nome, neste lugar sen nome a onde non chegan as palabras.



“Á realidade despoxóuselle do seu valor, do seu sentido, da súa veracidade na medida en que se finxiu mentirosamente un mundo ideal. A humanidade mesma foi enganada e falseada pola mentira ata nos seus instintos máis básicos.”
Friedrich Nietzsche, Ecce Homo


























Andrés Baltar Rigueira

Nace en Ourense en 1996. Vive a súa infancia e adolescencia na vila de Taboada (Lugo), ata que en 2015 comeza a estudar fotografía na EASD Antonio Faílde de Ourense. Tras rematar os dous cursos nos que se dividen estes estudos, en 2017 viaxa a Albania a través dun programa Erasmus, para cursar un semestre na Universidade das Artes de Tirana na especialidade de multimedia e para realizar alí o traballo final dos seus estudos de fotografía.



O Faiado Tenda-Galería
Ribeira, 26 de Mayo de 2018

Comentarios

Entradas Populares