EXPOSICIÓN DE PINTURA de FERNANDO REI



O retratista das mariscadoras da Misela
Fernando Rei


Como veciño que é dun pobo mariñeiro, Muros, a Fernando Rei sempre lle chamou a atención o mundo do marisqueo. Xa desde neno, quedaba pasmado observando desde lonxe o traballo que homes e mulleres levaban a cabo para extraer a riqueza que agochan os fondos mariños. Pero no pasado mes de novembro, decidiu mollar os pés e incluso as pernas para ver de preto o labor que realizan os mariscadores. Elixiu a zona da Misela, en Noia, onde se decantou por seguir o ritmo dos rastros manexados por mulleres. O resultado daquel traballo de campo, que logo completou no seu estudo a golpe de pinceis e lenzos, é a exposición que se pode ver na galería O Faiado de Ribeira.

«Quedei moi sorprendido ao ver de cera o traballo das mariscadoras, un labor moi duro pero apaixonante», explica o artista muradán. Engade que o que máis lle chamou a atención foi a ledicia amosada polas mulleres a pesar da dureza que supón o manexo do rastro. «Sempre temos a idea de que é un traballo dominado por xente maior, pero descubrín que hai persoas de tódalas idades, que me explicaron que o mar era o seu medio de vida a longo prazo», apunta.























Enlaces relacionados:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2018/06/28/span-langgl-retratista-das-mariscadoras-da-miselaspan/0003_201806B28C12991.htm



O Faiado Tenda-Galería
Ribeira, 2 Junio 2018


Comentarios

Entradas Populares